lunes, diciembre 24

Bo nadal 2012

Xexús xenerando esperanza por cable
 
Queridos habitantes que por algunha circunstancia morades ó carón deste que teclea estas verbas e sentides o Nadal 2012 como un ano menos da vida pero coa tolerancia que da o tempo.

 Este xa é un ano case difunto nel aconteceron algunhas  cousas que están a provocar todo tipo de tertulias que tentan xustificar una vez máis a decadencia da nosa comunidade en prol dos de sempre, facendo culpables coma sempre os traballadores, esta culpa xa está no noso adn e a teñen que seguir mantendo de tódolos xeitos posibles,  isto se cadra, pode ser parte da evolución que con resultado incerto será consumada. Tede moito aguante para afrontar con dignidade o que ben, que sen dúbida non será doado.

Foi un ano de baixas no barrio e de algunha incorporación para os que nos deixaron vaia unha homenaxe sinceira.
Houbo a inaguración dun bar que no barrio que levábamos moitos anos sen ter, polo que  estou contento, a pesar que na parroquia seguimos sen farmasia, ajora temos puticlú.

Pídolle a PapaNoel saúde para poder contar máis cousas os vindeiros anos e o convido a vir polo barrio o novo bar, ou pola parroquia o puticlú.
E a todos a mesma saúde, polo menos que para mín, que o espríto do Nadal vos leve de festa toda a noite, convídevos o que queirades e que chame a un taxi para voltar o fogar onde esperan  vosos seres queridos aínda que chova ou vente con forza.

E si nada máis acontece felis 2013.

jueves, diciembre 22

O Nadal

                             

Nada máis abrir  os ollos dinme conta que chegaba tarde, enviei unha menxaxe a un compañeiro explicándolle que chejaba tarde, respirábase un aire limpo e apenas había tráfico, cando cheguei ó traballo todos os que atopaba facían aljún comentario rematando cun sonriso.O encargado indiferente non lle deu ningunha importancia aparente mentras eu loitaba cos segundos do tempo tentando chejar a normalidade canto antes.
Foi entón cando reparei en que estou no Nadal e aínda que chegue tarde e me sexa indiferente me esforzo (cada ano menos) en chegar a normalidade porque sei que no fondo son unha cabra branca que dexexa a tódolos seres unha boa estancia neste poulo.
Tratei de lembrar bos momentos para inspirar ceibes letras co permiso da ignorancia, entón apretei os sentimentos e remexín a consciencia, publiquei unha panxoliña e escribín esta parida.
Para quén queira ser, que sexa saúdado, que teñades unhas boas festas con boas experiencias e sensacións que a mín me empeza a picar o cú e mañán non hai xoubas, outra cousa haberá.

jueves, noviembre 24

O palleiro

Podemos contemplar aquí un palleiro mixto de palla milla e centea con dúas capas e tres alturas.
 Sempre me gustaron os palleiros, podes facer un burato e meterte dentro, alí pode haber ratos, ourizos cachos, sejavivos e calqueira vividor do campo que pense en xogar, reproducirse ou resgardarse da choiva.

miércoles, noviembre 23

Tragar saliva

Onde non había ajora ahi, onde non chovía agora chove.
Logo de andar por eses comareiros o jran poder da natureza desvelouseme como se xogase o escondite contando 20 pero 20 anos.

jueves, agosto 11

i+d+i

O  equipo de investijasións do Campamento de Vran (seción i+d+i), tentando dar solucións as problemáticas da época estival acaba de desenrolar un sistema ecolóxico para controlar esa terrible plaga que son as moscas.
Trátase de domesticar morsejos para levalos contijo as tertulias nas terrazas, etc.. espantando así moscas e mosquitos que tan molestas fan pasar a maioría das veladas.
Nos faltan aínda uns escollos para rematar as investigacións con éxito como pode ser o tema de que os morsejos andan soo pola noite pero xa temos un proxecto para facer gafas de sol adaptadas para morsejos.
Non fai falta escribir que estas investijasións teñen un custo e esperamos que colaboredes dando vosas donacións o Campamento.
A cabessa non paraa¡¡

viernes, julio 29

En Comesaña

Tamén estarán, Bate no Cobre, Dreams Os The Dolly Sheep e os Vacalouras.

Xa era hora que os admiradores de esta xente tivéramos a oportunidade de velos e oílos na parroquia e que repartan un pouco de ácido folclórico pa todos.
Xa non hai escusa para non ir a festa, agora hai escusa para ir e levar uns colegas...
Parabens e sorte a Directiva.

domingo, julio 17

Bamba Nai

Que cousiñas bonitas, veñen a este mundo a sufrir a ter unha vida de cans.