Por Jaitas 0 09/09/09 (Visitádeoo)
IMOS A ESCOLA
Hai... o camiño. No camiño facíamos a vida de rapaces, cos amigos do barrio e no meu caso en concreto cos meus curmáns, pois case todos éramos curmáns. O Pena, o Chopo e o Tito, que non era curmán pero certamente veciño e amigo, na crianza dos rapaces que polo barrio bulimos argallando esas trasnadas que facíamos a cotío. Sobor de todo co Chopo, certamente o meu amigo, ese que ainda hoxe o sigue a ser, no definir de esta palabra tantas veces por aquí ditas..., certamente o meu amigo. Con Chopo precisamente foi con quen mais argalladas bulimos, que espero non se amole polo que deixo aquí escrito, mais ben terá unhas fartas de rir polo que escribo, levando o seu maxín canto agora deixo dito. Agora ben, como a sua Dona Clara está en estado de prósima paridura poida non facerllle gracia no intre que o seu fillo poida ler estas aventuras que amoso a modo de versiños, que si algún día lee, sepa que canto digo, si cadra soio sale do meu propio sentido, que nada do que conto e certo en canto digo, si cadra e o maxín de un ente empodrecido, si cadra xa un tarado en manicomio metido.
O Chopo i eu levámonos dous meses un do outro e o igual que a paridura foi certamente prósima entre os dous así mesmo está a ser a vida, espero que moi longa no disfrute dos días, os dous en paralelo si cadra moita vida.
O COLEXIO
As lembranzas de colexio escomezan xunto con Chopo na escola de Eva, unha mestra particular que facía o tempo de parbulos pra quen ainda non tiña o tempo da escola e que na miña teima lembro con uns pupitres antergos, co asiento unido o escritorio e unha tapa que agochaba as pinturas e os libriños gardados pra o uso. Non podo esquecer ese pupitre porque nel, gardo unha das primeiras trasnadas co amigo, no bulir do que describo.
Lembro que tiña unha bonita carteira de man, azui e con un asa branca e un dibuxo dos da tele no lado que dava a vista que non tapaban as pernas. Adornada toda ela, revoloteada perimetralmente por una lonxitudinal cinta branca, a xogo co moneco, pero nin con carteira nin sin ela, pois non teño boa lembranza de ir contento pra o colexio. Xa de rapaz era un acougado pra os de fora, moi amigo pra os de dentro e pouco dado a novos atopes do xentío que temos. Sempre chorando pra escola, empurrado polos pelos, pois de neno non gustaba de ir na procura do que agochaba o colexio. Doume conta agora, de vello, facendo o colexio na casa e aprendendo sin complexos. _Nunca é tarde_dín os vellos_ se a dita ven de certo.
Un día, coido que saíunos redondo na escola de Eva, pois déixovos un par de contos pra que escomecedes a facer boca, e nunca mellor dito.(que raxón ten a Claudina cando nos chama porcos). A Claudina é a mai do Chopo, seguramente moi acontecida polo medio destos contos, entre risas e cabreos e os berros que ten no peito, que a modo de sirena escoitábamos de lexos e coa man un tanto dada a portar un bo manexo no menéo dos asóuseres sin ruido dos vimbieiros.
O carallo e que non sei por que se nos deu por cagarlle no mexadeiro de mexar de pé, seguro que polo cu pequeno que se adaptaba perfectamente o mexadeiro de marras. Non vexas os pecados proferidos por quen tivo que ser cangador dos males de dous pequenos cagadeiros pouco avergoñados. Non sei si sería o Lino, escomezado fontanero de renome polos nosos días, pois non chego a tanto nas miñas lembranzas, pero o probe home tivo que votar un bó anaco de mañán, con aquel alambre de viña embrouzado o mexadeiro, con aquela funda vella azui toda cangada de merda. Coido que a siña Eva soubo de súpeto o mal que acontecía, de quen era aquela merda e a quen lles zoubaría. Non lembro tan siquera a zouba pretendida pero seguro que de súpeto rematou a nosa risa.
Despois mentras na aula, os dous abaneando o catre de traballo donde sentamos pra estudiar o vocabulario, de tanto abanear o pupitre fomos de fouces pro carallo deixando aqueles dentes que estaban mal medrados, levando outra tunda por ser rapaces malos. Sin contar co que esperaba na casa o llegarmos coa nova da mestra e do mal que nos portábamos.
Pra min, e supoño que pra o Chopo tamén, (pois non foi mais estudante ca min, ou iso coido, a non ser que sacara a carreira do sei apelido pola universidade a distancia, si cadra estudando de pola noite namentras eu durmía, tipo lobishome da cátedra) o mellor da escola sempre foron a bolas, os corrilos dos trompos e o ir tirar os cachopos, que de ahí lle ven o mozo o alcume de "Chopo" pois era portentoso enemigo dos meducos deste pobo. Non sei, era un D. Quijote e os muiños son cachopos. Lembro, si non foi un mal sono, que un día esnaquizaron mais de mil metros de campo de cachopos, unha desfeita, pois tiñan todalas cacholas rincadas dende o peito e varios remataron a sua andaina secaril de brouces o río, a beber como os conexos, sin chegar a saber de certo si Chopo fora en realidade o autor dos feitos. Un día na intimidade da nosa amistade tentarei de esclarecelo non vaia ser fose un sono e pretenda facer certo.
O caso, como digo, é que non fomos moi bos amigos da escola e o bo que certamente tivo a escola foi como non.... O camiño, ahi... o camiño. Pois algún día contareivos algunha historia do camiño...