lunes, diciembre 24

Bo nadal 2012

Xexús xenerando esperanza por cable
 
Queridos habitantes que por algunha circunstancia morades ó carón deste que teclea estas verbas e sentides o Nadal 2012 como un ano menos da vida pero coa tolerancia que da o tempo.

 Este xa é un ano case difunto nel aconteceron algunhas  cousas que están a provocar todo tipo de tertulias que tentan xustificar una vez máis a decadencia da nosa comunidade en prol dos de sempre, facendo culpables coma sempre os traballadores, esta culpa xa está no noso adn e a teñen que seguir mantendo de tódolos xeitos posibles,  isto se cadra, pode ser parte da evolución que con resultado incerto será consumada. Tede moito aguante para afrontar con dignidade o que ben, que sen dúbida non será doado.

Foi un ano de baixas no barrio e de algunha incorporación para os que nos deixaron vaia unha homenaxe sinceira.
Houbo a inaguración dun bar que no barrio que levábamos moitos anos sen ter, polo que  estou contento, a pesar que na parroquia seguimos sen farmasia, ajora temos puticlú.

Pídolle a PapaNoel saúde para poder contar máis cousas os vindeiros anos e o convido a vir polo barrio o novo bar, ou pola parroquia o puticlú.
E a todos a mesma saúde, polo menos que para mín, que o espríto do Nadal vos leve de festa toda a noite, convídevos o que queirades e que chame a un taxi para voltar o fogar onde esperan  vosos seres queridos aínda que chova ou vente con forza.

E si nada máis acontece felis 2013.