lunes, diciembre 8

Traédeme aljo


Queridas Maxestades cando pasedes por Comesaña podíades tratar de consejirme un kit pa deixar de fumar que xa levo 9 anos e non hay maneira ata hoxe sigo deixando de fumar con moito éxito.Xa sabedes que fún moi bo este ano case como tódolos anos o que pasa que as veces os demáis me lían e teño que deixarme liar para ter relaccións socias que son tan necesarias hoxe en día. A semán pasada sen ir máis lexos tiven que ir de sea cuns compañeiros e claro funmos alí fixemos aquilo e lojo entramos nun local nocturno que estaba cheo de homes e mulleres que se pejaban a ún como a febra ó tousiño, eu nun alarde de valentía fuxín do local, dos compañeiros e dos rosadores que continuaron como se nada pasase cando me evacuaba. Fora chovía , entón tomen a decisión de tomar un taxi pero de camiño topei a un amijo que me liou e acabei tomando unhas servesas en ves do taxi e claro outra ves as relaccións socias que son tan necesarias en estes tempos.

Bueno creo miñas Maxestades que teredes moitas cousas antes que aturar e este desjrasiado que o único que pide e que me traiades sentido pero pouco a pouco que todo xunto pode facer daño a cabesa.