miércoles, noviembre 4

Mirade que calacú me elaborei para asustar as ánimas que penando tentan penetrar no meu fogar con noturnidade, ajora xa estades avisados miserables.. co meu super calacú non tedes nada que facer espetros noxentos de compaña.
Feliss Samaain...

viernes, octubre 9

O cumpreanos


Estiven a faser masa, e mentras lle ía metendo injredientes, o mesmo tempo, mexturaba ideas que rotaban orredor do semento das neuronas e cas areas do tempo agardando un pouco de humedá que fixera posible aljo sólido..Entón o són da música da hormijonera que paresía queixarse cas paladas de jravilla, que con medida estricta lle aportaba, acordeime que tiña que ir a un cumpreanos dun rapas e non tiña rejalo físico que levarlle , deixei a piada e apresureime a escribir estas verbas, que con elas, penso faser ese rejalo que está carjado de semento, area, jravilla e ajua, máis ,con isto, todo meu sentimento de forza para que cumpras moitos máis, como as jrandes obras...
Felisedades lambóm...

jueves, octubre 1

Trata de informarte...

"La belleza ha fluido de sus cuerpos gota a gota", dice la seleccionadora

España gana el oro en menstruación sincronizada

Por primera vez en los quince años de historia del Mundial de Bremen, España ha conseguido la medalla de oro en una de sus disciplinas. “Cuando vi que se formaba la estrella roja de ocho puntas en el agua, lo tuve claro: la victoria era nuestra” confiesa la seleccionadora Marina Rojas. El triunfo, contundente, pone fin a una larga temporada de sequía sólo superada por Romualdo Arenal cuando consiguió romper la barrera del estreñimiento en 1999, obteniendo una merecida medalla de bronce.

Leer más »

viernes, septiembre 11

Imos a escola



Por Jaitas 0 09/09/09 (Visitádeoo)

IMOS A ESCOLA

Hai... o camiño. No camiño facíamos a vida de rapaces, cos amigos do barrio e no meu caso en concreto cos meus curmáns, pois case todos éramos curmáns. O Pena, o Chopo e o Tito, que non era curmán pero certamente veciño e amigo, na crianza dos rapaces que polo barrio bulimos argallando esas trasnadas que facíamos a cotío. Sobor de todo co Chopo, certamente o meu amigo, ese que ainda hoxe o sigue a ser, no definir de esta palabra tantas veces por aquí ditas..., certamente o meu amigo. Con Chopo precisamente foi con quen mais argalladas bulimos, que espero non se amole polo que deixo aquí escrito, mais ben terá unhas fartas de rir polo que escribo, levando o seu maxín canto agora deixo dito. Agora ben, como a sua Dona Clara está en estado de prósima paridura poida non facerllle gracia no intre que o seu fillo poida ler estas aventuras que amoso a modo de versiños, que si algún día lee, sepa que canto digo, si cadra soio sale do meu propio sentido, que nada do que conto e certo en canto digo, si cadra e o maxín de un ente empodrecido, si cadra xa un tarado en manicomio metido.

O Chopo i eu levámonos dous meses un do outro e o igual que a paridura foi certamente prósima entre os dous así mesmo está a ser a vida, espero que moi longa no disfrute dos días, os dous en paralelo si cadra moita vida.

O COLEXIO

As lembranzas de colexio escomezan xunto con Chopo na escola de Eva, unha mestra particular que facía o tempo de parbulos pra quen ainda non tiña o tempo da escola e que na miña teima lembro con uns pupitres antergos, co asiento unido o escritorio e unha tapa que agochaba as pinturas e os libriños gardados pra o uso. Non podo esquecer ese pupitre porque nel, gardo unha das primeiras trasnadas co amigo, no bulir do que describo.

Lembro que tiña unha bonita carteira de man, azui e con un asa branca e un dibuxo dos da tele no lado que dava a vista que non tapaban as pernas. Adornada toda ela, revoloteada perimetralmente por una lonxitudinal cinta branca, a xogo co moneco, pero nin con carteira nin sin ela, pois non teño boa lembranza de ir contento pra o colexio. Xa de rapaz era un acougado pra os de fora, moi amigo pra os de dentro e pouco dado a novos atopes do xentío que temos. Sempre chorando pra escola, empurrado polos pelos, pois de neno non gustaba de ir na procura do que agochaba o colexio. Doume conta agora, de vello, facendo o colexio na casa e aprendendo sin complexos. _Nunca é tarde_dín os vellos_ se a dita ven de certo.

Un día, coido que saíunos redondo na escola de Eva, pois déixovos un par de contos pra que escomecedes a facer boca, e nunca mellor dito.(que raxón ten a Claudina cando nos chama porcos). A Claudina é a mai do Chopo, seguramente moi acontecida polo medio destos contos, entre risas e cabreos e os berros que ten no peito, que a modo de sirena escoitábamos de lexos e coa man un tanto dada a portar un bo manexo no menéo dos asóuseres sin ruido dos vimbieiros.

O carallo e que non sei por que se nos deu por cagarlle no mexadeiro de mexar de pé, seguro que polo cu pequeno que se adaptaba perfectamente o mexadeiro de marras. Non vexas os pecados proferidos por quen tivo que ser cangador dos males de dous pequenos cagadeiros pouco avergoñados. Non sei si sería o Lino, escomezado fontanero de renome polos nosos días, pois non chego a tanto nas miñas lembranzas, pero o probe home tivo que votar un bó anaco de mañán, con aquel alambre de viña embrouzado o mexadeiro, con aquela funda vella azui toda cangada de merda. Coido que a siña Eva soubo de súpeto o mal que acontecía, de quen era aquela merda e a quen lles zoubaría. Non lembro tan siquera a zouba pretendida pero seguro que de súpeto rematou a nosa risa.

Despois mentras na aula, os dous abaneando o catre de traballo donde sentamos pra estudiar o vocabulario, de tanto abanear o pupitre fomos de fouces pro carallo deixando aqueles dentes que estaban mal medrados, levando outra tunda por ser rapaces malos. Sin contar co que esperaba na casa o llegarmos coa nova da mestra e do mal que nos portábamos.

Pra min, e supoño que pra o Chopo tamén, (pois non foi mais estudante ca min, ou iso coido, a non ser que sacara a carreira do sei apelido pola universidade a distancia, si cadra estudando de pola noite namentras eu durmía, tipo lobishome da cátedra) o mellor da escola sempre foron a bolas, os corrilos dos trompos e o ir tirar os cachopos, que de ahí lle ven o mozo o alcume de "Chopo" pois era portentoso enemigo dos meducos deste pobo. Non sei, era un D. Quijote e os muiños son cachopos. Lembro, si non foi un mal sono, que un día esnaquizaron mais de mil metros de campo de cachopos, unha desfeita, pois tiñan todalas cacholas rincadas dende o peito e varios remataron a sua andaina secaril de brouces o río, a beber como os conexos, sin chegar a saber de certo si Chopo fora en realidade o autor dos feitos. Un día na intimidade da nosa amistade tentarei de esclarecelo non vaia ser fose un sono e pretenda facer certo.

O caso, como digo, é que non fomos moi bos amigos da escola e o bo que certamente tivo a escola foi como non.... O camiño, ahi... o camiño. Pois algún día contareivos algunha historia do camiño...

domingo, agosto 23

Tan so podo decir, impresionante banda, os que nos justa o ska o reggee e o rock estamos de noraboa con esta espetacular banda que puden ver o día 20/08/09 en Baiona no BerraBaiona.


miércoles, agosto 19


Estivemos no mesmo inferno, se contamos a calor que fervía e o nome do sitio...
A illa de Ons inesquecibles días tanto de praia como de Perseidas pola noite, impresionante!!
Os reporteiros da capital tomaron moi boa nota deste reducto das rias baixas que por sorte ainda podemos disfrutar sin mal rollo.

martes, agosto 11

MOVILISASIÓN SIUDADANA!

Á vista da temida infesión de pelusillas a xente vaise consiensiando, aumentando o seu nivel de limpiesa e sen perder un minuto pra avisar os seus coñesidos. Na imaxe podese ver un individuo limpando e avisando os seus amijos...ó mesmo tempo!!!

NOTA: Hai que siñalar que esta foto constitue de por si un documento historico: desminte esa idea de que os homes son incapases de faser duas cousas á ves...

viernes, agosto 7

COMO NUN REPORTAXE ANTERIOR NOMBREI PARESE QUE AS PREDICSIONS FANSE CERTAS. IMOS TER OUTRO OMBLIJO PELUXADOR. ESPEREMOS QUE NESTE CASO A NAI DA CRIATURA POÑA REMEDIO NESTE PROXECTO PORQUE SI DEIXAMOS O PAI SO PODE CHEGAR A CRIAR UN MOUSTRO PELUSADOR QUE ESCAPE DO CONTROL DA POBLASION DA SIDADE. ASIQUE TIOS E TIAS PUTATIVOS/AS TEREMOS QUE POR ENPEÑO SUDOR E LAJRIMAS EN TER A BO RECAUDO A ESA FERMOSA CRIATURA LONXE DO INDIVIDUO QUE ESTE ANO INUNDOU UN BARRIO ENTEIRO CAS SUAS PELUSAS.

BESOS PARELLA

NOTA DEIXO UNHA FOTO DO PAI(MOUSTRO PELUXADOR) CA FERMOXA CRIATURA

martes, agosto 4

Pechade as cancelas

Menudo flipe o Outeiro dos Lameiros que se atopa o lado do encoro de Baiona.
Ten un mural cheo de boas historias a barrenar...
Ten unha pequena defisiensia nas indicasións, pero, si ides, o chegar o encoro seguides pola pista
de terra da esquerda e xa chegades..

jueves, julio 30

A MORRIÑA


Como me justa que estes rapases sijan na brocha emborreando cada ano ,(que non cada cú), con festas e jolglorios.

miércoles, julio 29

¿Churrascada Charangas 2009?


Pois creo que o temos claro, a exterminasión dos dinosaurios foi un malentendido entre especies, quedou de sobra demostrado nunha churrascada que tivo lugar no monte de S. Mijel o pasado sábado día 25/07/09 onde nos reunimos unha serie de expertos vinculados a Charangas-pop.
Alí despois de comer desarrollamos uns experimentos que seguramente pasarán os anales de a saber quen...
Tamén comprobamos que as churrascadas evolusionan, polo menos nas nosas mans o comprobar que churrasco non había no menú e no seu lujar había mariscos varios de procedencia e reputasión dudosa.
Quedou claro que hai unha espesie que domina os montes despois da prohivisión imposta polas autoridades de non deixar facer lume nas lareiras postas para tal fín. Esa espesie son as avispas que acusan a falta de churrasqueadores que secundan o lugar facendo un desplieje sin presedentes (me cajo na cona que as votou..).

Foi unha tarde noite para non lembrar, nin por nos, nin polas avispas que acusaron numerosas baixas e elas tan soo puderon ajillonar o máis jrande como mostra de represión aínda que había aljún que o pedía a jritos...(pero nin asi).

Dende aquí facer un chamamento o botellón masivo nas áreas de lecer son espacios que se dan para este fin estando lonxe de sitios habitados de humáns (porque avispas hai a miles) e que teñen auga retretes e bidóns de lixo, soo lle faltan autobuses da xunta que transporten ata alí os participantes, (iso si, non facer lume que para iso xa estan eles violentando os manifestantes de calqueira manifestación rebelde)..

viernes, julio 17

Unha recomendassión...

Eles defenden que o antigo e o divertido e tal como o fan consigueno, ou polo menos, a mín mo pares.

Melodías Pizarras


RTVE.es 18.08.2008 Radio 3
Emisión: Jueves y viernes, 20:00 a 21:00 horas
Director y presentador: Los Hermanos Pizarro
Música: Músicas del Mundo
Escuchar todos sus programas/descargar (podcast)

Dirigido, escrito y presentado por los Hermanos Pizarro (Marciano. Longino y Bienvenido), Melodías Pizarras es, más que un programa radiofónico, una labor de arqueología sonora y utilidad pública que pretende rescatar del fondo del baúl aquellas placas de pizarra a 78 rpm que conformaron la verdadera era del pop español durante las décadas de los años 20, 30 y 40 del siglo pasado.

Canciones interpretadas en castellano procedentes de ambos lados del atlántico que hicieron las delicias de millones de personas en una época poco propicia para celebraciones y alegrías. Una música eterna presentada en el formato en el que fue grabada originalmente: los discos de pizarra de 78 revoluciones por minuto, el soporte eterno, a la vista de lo efímero de los modernos soportes musicales

jueves, julio 16

Meu Amijo


Aquí tedes miña fonte de inspirasión, meu jarrafón de ideas o último eslabón das uralitas do jalpón, meu amijo...
Podedes darlle unha visita virtual en:
http://xurxojachia.spaces.live.com/guestbook/?_c=GuestbookPart&wa=wsignin1.0
Espero que flipedes o mesmo ou máis do que alucinei eu cando vín o que realmente facía este humán con forma de superheroe, ou polo menos, a mín mo pares..
Juapo e. (Non me diredes que eu coljo a calqueira)....(no Bloc)

martes, julio 14


Atrás quedaron os tempos nos que a raiña eran a cobiza e a envexa, ajora e tan soo joberna a xustiza por doquieer..
Bamba patrullando pola finca vela por tí e por mín.
Garda coidado cando rebases a línea, ela e sabedora de teu ser..

jueves, julio 9


Non sei porqué pero o ver isto lembreime da quel Cafú, non do xogador brasileiro, se non dun pato que criei a base de portátil, pois a pata deixara os juevos, sejuramente por acoso.
O caso que de tres juevos rescatados saíron dous patos que o calor de Charangas foron criados entre colillas e fume..Chegou o día de facer a anmiocentesis e un deles non cumpría o perfíl de pato común e foi morrendo, o outro ficou connosco unha temporada estivo vendo un mundial daqueles e ata foi a praia conmijo.
Non lle justaban as viaxes e solía cajarse en todo en cada un.Pero chejou aquel maldito día e foi violado por unha noxenta raposa, ou can, ou virjen..
Cafú vótote de menos....
Este e Ulises o can de Libo, e un pouco saureo, pero é bo rapas, o can...

domingo, julio 5

Canta verdade xunta El Contrato

Se nos prejuntáramos isto cada mañán colleríamos unha depresión de cabalo ou de outra cousa.
Cajo ata, Bill Geis, eu xa o sabía, pero non mo dijades..
El contrato (Le contrat).
Cargado por internacionalistaVA - Mira las noticias más recientes en video.

sábado, julio 4

Ela sempre tan fiel leva anos o meu lado, estaba na cama de meus abos e no salón, despois a puso na corte da vaca. Agora a teño como un especime en perigo de extinción.Eu chegei a ver unha pera conmutada para máis comodidade.
Co transcorrir do tempo a pera acompañáme sen facer moito ruído e unha especie de amuleto, se me ocurriu levala de colar pero creo que me traería problemas socias, ajora creo que vou facer unha camiseta, se estades interesados en ter unha, podedes facela ; no pasillo, na cama, no retrete, na casa dun amijo, en facenda..
Fainas con discresión se non te poden reprimir.
E sobre todo non vaias o campo do Comesaña a motivarte cas raparijas dun equipo de fútbol femenino que lojo cando veñan os munipas e te pillen en plena eressión tan soo podrás taparte cunha toalla mentras te piden os datos(noticia real publicada fai uns días no Faro de Vijo).

miércoles, julio 1


Isto e unha convocatoria para" un día no monte" que podía ser como no o 25/07/2009 se vos cadra ben, se non, ainda hai tempo para propostas .
Estivo o Sr.Felisiano por aquí e me dixo que no monte dos Pozos non penalizan facer fojeiras para churrasquear,entón podía ser unha posibilidade.
Podedes mandarme un correo os que estedes interesados, eu intentarei porme en contacto con todoss..




Alí estivemos cos do Metal en Santiajo, e non me sellaron a compostelana, nin a porrasos, nin cun selo de tinta, así que foderse os que dexexávades que nos pejaran, e os que non, que sepades que fumos ben recidos polos cidadáns de Santiajo, non tanto por Feijoo que non se dignou nin a sair ó balcón para que o insultaramos un pouco (despois do esforzo feito podíase enrollar).
Despois empanada e a facer curas os que tiñan feridas da pateada, teño que destacar que foi unha boa organización..

jueves, junio 25

Estiven por Madrí con Mario e Chus, foi un cacho de fin de semán moi divertido. E que hai xente que non cambia nin dándolle unha man de mínio.
Como fun no vión con Feijoo, síntome importante, ainda que tamén acojonado, non vaia a ser, que de Vijo a Madriss e de Móstoles ó chan.. como Rajoi e Espe no helicóptero...
Portádevos ben que si non...os vinculo un macarra de Móstoles
e que vos zoupe..


Que pasa¡¡
Sejuro que estades dacordo que coljar un petunio nunha percha non e moi normal,tampouco o é ,que Peinamulas se vaia pa Marrocos , que os do Metal sijan na freba, que Chimpín se estee perijrinando un remedio para o serebro e que eu estee escribindo isto.
Pero era unha maneira de mandarvos un saúdo e de paso chamarvos repunknantes, ou aljo pa crispar, que estades moi tranquilos, ca de problemas que hai senutrios.

domingo, junio 14

Jossila, Maximino e Maximina


¡Hola!
Teño que estar contento pois a cabra tivo dous piricos
e presentan unha evolusión normal e positiva.
O jato colleu unha infessión de jarjanta (evolusiona ben o antibiótico).
A cadela ten unha alerxia a determinar a orixen( a pincharon e xa non se rasca).
E eu tan presente ,
isto me fai pensar na felisidade
entón canto:

A serrín a serrán desbrosadoras pola mañán
A serrín a serrán motoseras te despertarán
A serrín a serrán que hai folga do Metal
E pasei polo Vidal ,el a pe ,e eu a pedal...
Saúdos.. e apaja o motorrr

Menudo día tiven onte.
Eran as 14h., máis ou menos,cando o baixar o sótano da miña casa oin un ruído como un silvido frouxo que me fixo pensar inmediatamente en unha fuga de auga dun radiador, pois os tubos pasan por alí.O raro foi que en cando me apartaba uns metros a fuga cesaba , e cando me achegaba empezaba ,isto xa me fixo sospeitar que.. era unha linda serpe de 1m.,15cmt. que estaba agochada debaixo de unha caixa de madeira que teño por alí.(Despois estiven fuchicando en internete e creo que se trata dunha culebra viperina que se alimentan de ratos e pequenos anfíbios ,pero tampouco o teño mui claro).
O caso que intentándoa votar fora se me foi a man e mateina un pouco, era moi revoltosa, pero xa sei que fixen mal e dentro do que poida intentarei cambiar de aptitude a próxima ves..
Horas despois estaba na planta alta concentrado nas labores do emule cando oin un jrito arrebatador que erizou de súpeto os pelos de todo meu corpo, era Clara que berraba auxílio mentras permanecía incrustada nun jueco que hay entre a chimenea e o sofá , protexida cun coxín que colocaba de maneira de escudo con cara de ver o mesmésemo belsebú...
Tratábase dun morcejo que penetrara na casa pola algunha fiestra da parte alta e revoloteaba en círculos na procura dunha salida.
Encerrei a Clara na habitación para que deixara de berrar e abrín toda as portas e fiestras que poiden para ceibalo ,pero nada ,sejía dando voltas e voltas entón collín o recolledor ca intención de guialo na fuxida pero fun un pouco sobrado e finou. ¿que queres? ...
Tamén teño que destacar que estando sentado na ponte do rio vin pasar unha patiña cos oito patos pequerrechos de apenas uns días pero esta ves fiquei quieto..

viernes, mayo 15


O fio dos últimos acontecementos e alertados por as últimas noticias duns chopos que contaminan estase a notar unha alarmante suba nos casos de esquizofrenia, paranoia e comportamentos anormais por parte dalgúns individuos.
As autoridades sanitarias estan desbordadas e aconsellan a xente non sair das suas casas.
Na foto podemos ver un oriundo de Coia desbordado nun caldeiro apiques de cometer unha tropelía en Bousas.

UN POUCO DE COIDADO


Isto non ten comenterios, non estando contento ca asquisision da bisimotodepaseo con ensendido automatico, que ajora este Indurain venido a menos e outros da sua mesma espesie xa que din que son "Chopos" andan a infestar a un barrio entiriño con "pelusas"(de onde sairan tantas pelusas). porque no meu corpo o unico que xenera pelusas inesplicablemente e o meu omblijo. se son os seus omblijos os que xenera esta camtidade de pelusas ten duas esplicasions - 1º ou teñen un omblijo coma o crater doVolcan Galán (http://www.alertatierra.com/VolGalan.htm) ou -2º dentro de pouco as nosas estradas esteran cheas de bisimotodepaseo xa que estamos frente a unha invasions de Chopos Frikeros(descartamos segunda opsion xa que chopo non existe mais ca un). daquela so me colle unha conclusion. Rapases temos que tomar medidas estamos a crear un moustro do tamaño de jossila co omblijo mais pelusento do mundo.

Nota: Admitense suxerencias para as medidas a tomar. Tede en conta que en curto prazo teremos que tomar medidas por duplicado. dende aqui os meus respetos a todos os afectados po la jripe pelusil.

Atentamente e sempre voso.
Peinamulas

domingo, mayo 10

Que pasa¡¡
Si teño que ser un friky por ter unha bisicleta destas entón sereino...
Pero cando queirades disfrutar dunha voa xornada de siclismo, chamarme,
que non penso ir..

miércoles, abril 22


¡¡Que pedasso de Semán!!, se non mirade os chesff que hay na cosiña, e lojo , cuestionarse que carallo farán estes crápulas bisarros.

miércoles, marzo 18

Que ben estes rapases, estivemos na festa do queixo Arzúa,ua,ua, e pódese comprobar que esta enfermedá jalopa moitos forofos sabedores... e nos cada ves mais vetustos sejimos na brocha..ocha,ocha..

miércoles, febrero 11

Xa me paresía a mín






El hombre se volvió sedentario y agricultor hace unos 10.000 años, dando pie a la llamada revolución del neolítico, para beber cerveza y embriagarse y no con el fin prioritario de mejorar o asegurar su alimentación.

EFE/ JUAN CARLOS BARRENA Así lo afirma el biólogo e historiador natural alemán Josef H.

Reichholf en su nuevo libro "Por qué los hombres se volvieron sedentarios", que hoy ha salido a la venta en las librerías de este país y en el que explica las causas de la revolución que dio lugar a la formación de pueblos y religiones.

El catedrático de la Universidad Técnica de Múnich considera totalmente errónea la teoría de que la humanidad empezó a cultivar plantas, abandonó la vida nómada y se estableció de manera permanente en un lugar determinado para alimentarse mejor.

"Esa visión habitual confunde causas y consecuencias. Cuando los cazadores y recolectores abandonaron su forma de vida y alimentación tradicional tuvo que darse alguna ventaja inicial", explica el experto, quien subraya que al principio "el cultivo de plantas no trajo consigo ninguna ventaja sobresaliente para la supervivencia".

Añade que las cosechas iniciales eran demasiado reducidas y el cultivo de la tierra muy laborioso, lo que no podía garantizar la supervivencia de un pueblo sólo con la agricultura, y sostiene que el hombre del neolítico continuó cazando y recolectando para subsistir.

E eu que quero destilar naranxas me chaman tolo, o final non estou tan mal ¿non?






lunes, enero 19

viernes, enero 16

cds de Charangas Pop

Xa estan na Mula os cds de Charangas Pop tan soo tedes que buscar, Charangas Pop a musica, no emule e a disfrutar..

lunes, enero 12

RASPAS
Este indivíduo desapareseu ayer e ainda non viu, supoño que iría as xaneiras,pero en canto aparesa, o que vai a ir é, o capador será desjrasiado..

Héroe sufrindo

Detalle de un Héroe sufrindo(en Novembro 2008)
Estuvo maliño o probre, e que as veses os héroes tamén se lastiman, pero ajora xa está para sejir facendo fazañas ainda que non sexan tan bélicas.E que a mín estas cousas me erosionan será o tempo a humedá ou o vento, pero mellor ,vou de sena a selebralo que a él sejuro que lle justaría, pero de momento que se joda ...
Tony Lomba e Elio dos Santos
Estivemos alí e eles tamén como todo-los anos,Bumbury,España,Alfredo Lando éxitos de antes e de ajora que polo visto permanesen en nos,ainda que pasen os anos.Apareseu vestido de tijresa con capa e todo e Chimpím crumpriu colocándolle o moneco do día 28/12/2008 pero despois sacou a capa...

jueves, enero 8

PENSAMENTOS... sin mais...pululan os meollos

Que preto estamos.....
e que lonxe queremos estar.
Que pensamentos....
por gritalos mais forte non an ser verdade.
Que soedade...
marcada do tempo que teño en lembrarte

martes, enero 6

Unha porta a irrealidade



Xa estou na Catalonia, xa estou fora do jaliñeiro sen sair realmente del. Solidarizome co pito pedrés da fotojrafía, a minoría etnica do jaliñeiro da portada: non o deixan aportar su "granito de merda" no pau, alí, apartado do resto, por debaixo do resto. E o jalo por riba...tí distraete que xa verás quén jalea aqui.

SETE jaliñas e un pito pedrés: cal é o significado??? Realmente son un jalo, sinco jaliñas, unha kirika e un pito pedrés...¿sete? igual cos dias da semana... 5 jaliñas, 5 dias traballando...1 jalo, un dia de festa rachada (sabado,sabadete...) ...1 kirika, 1 de resaca a criar pitos... ... ... ¿E O PITO PEDRÉS??? O DIA EXTRA, O TEMPO Ó OUTRO LADO DA REALIDADE, O PUNTO NA JOTA que non soio hai que poñer puntos sobre as ies...

Mamá, eu quero ser pito pedrés